Search

Searching. Please wait…

Suficiencia e nivelación no novo financiamento autonómico proposto polo Ministerio de Facenda: recursos dispoñibles ou necesidades reais?

Abstract: O fortalecemento da suficiencia e nivelación financeira no marco das competencias asumidas polas comunidades autónomas foi un dos obxectivos principais da última reforma do sistema de financiamento hai xa catorce anos. Ao longo deste traballo analízanse e avalíanse os resultados dese modelo actual de descentralización de servizos públicos e de financiamento autonómico, con especial referencia tamén aos seus efectos en canto á solidariedade interterritorial. Recentemente, o Ministerio de Facenda enviou ás comunidades autónomas un Informe do Grupo de Traballo sobre o cálculo da poboación axustada que supón retomar formalmente o proceso de negociación do modelo de financiamento toman-do como base as propostas da última Comisión de Expertos para a Revisión do Modelo de Financiamento Autonómico. Na nosa análise indícase que, á falta de coñecer o volume de recursos que van ser repartidos, é fundamental revisar as definicións normativas e o axuste á evidencia empírica actual. Por iso, consideramos cuantitativamente diversos escenarios de financiamento que permiten calibrar o grao de disparidade rexional a medio prazo, ademais de simular os posibles resultados derivados destes. Finalmente, se a reforma supón, como outras veces, un incremento de recursos ao modelo, este debería equilibrar axeitadamente a presión fiscal autonómica sen menoscabo dos propios límites e marxes de manobra orzamentarios.

 Fuente: Administración & Cidadanía: Revista da Escola Galega de Administración Pública, 2022, 17(2), 9-28

 Publisher: Escola galega de administración pública

 Year of publication: 2022

 No. of pages: 20

 Publication type: Article

 DOI: 10.36402/ac.v17i2.4989

 ISSN: 1887-0287,1887-0279

 Publication Url: https://doi.org/10.36402/ac.v17i2.4989